O próximo 14 de decembro organizamos xunto coa Escola Galega de Saúde a X Xornada informativa de Fibrose Quística. Realizarase no Salón de Actos do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.
Adxunto enviámosvos o cartel co programa da Xornada e vos animamos a asistir. A xornada é gratuita pero por motivos organizativos é imprescindible que vos inscribades no seguinte enlace https://tinyurl.com/XJornadaFQ2019.
IMPORTANTE: Co fin de evitar infeccións cruzadas entre persoas con Fibrose Quística será necesario un informe médico onde indique a ausencia de Staphylococcus Meticilin-Resistente (MRSA/SRAM), Burkholderia Cepacia ou Mycobacterium Abcessus. No caso de presentar infección por éstos non se poderá acceder á sala pero a asociación facilitaravos un link para poder seguir a xornada mediante Streaming.
Saúdos
[/et_pb_code]
Previous PostApróbase en Europa o medicamento KAFTRIO de Vertex para tratar a Fibrose Quística
Next PostIntentamos aclarar a noticia da aprobación dos medicamentos por parte do Ministerio e o Laboratorio