Skip to main content
O regreso ao cole estase a falar moito este ano, xa que deu comezo dunha maneira atípica, a causa da pandemia de COVID-19 que estamos vivindo. Sabemos que o regreso ás aulas é moi importante, porque a socialización é unha parte fundamental para o desenvolvemento de calquera neno/a ou adolescente, por iso hai que poñer especial coidado nas medidas hixiénicas, para que a socialización sexa posible e poida levarse a cabo de maneira segura.
O Goberno e as Comunidades Autónomas acordaron unha serie de medidas para os centros educativos que, no caso das persoas con Fibrose Quística (ou os seus convivientes), deben completarse coas recomendacións proporcionadas pola Sociedade Española de FQ. A máis importante delas é que as familias consulten coa súa Unidade de FQ para valorar de forma individual a adecuación das medidas en función de diversos factores particulares.
Ademais, ahora é máis importante que nunca que a comunidad educativa (alumnado, profesorado e o resto de persoas traballadoras de centros escolares) coñezan qué alumnos/as teñen Fibrose Quística e cales son os seus síntomas, para que non se confundan con síntomas de COVID-19, como pode ser a tos, e poidan chegar a estigmatizar e/ou discriminar ás persoas con FQ.

 

Asociación Galega de Fibrosis Quística
Asociación Galega de Fibrosis Quística