O pasado 13 de decembro, celebrouse a VI Xornada de Actualización en Fibrose Quística organizada pola Fundación Española de Fibrose Quística no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.
Durante o encontro, abordáronse temas de gran relevancia, como o uso da ecografía pulmonar, as necesidades e desafíos que enfrontan os pacientes, e os avances en modelos celulares, entre outros.
Queremos agradecer aos relatores, Cristina Ramos Hernández, Esther Quintana Gallego, Silvia Gartner Tizziano e Óscar Asensio da Cruz polas súas valiosas contribucións.
Grazas tamén aos asistentes que acudiron presencialmente e aos que seguiron a xornada en directo desde os seus fogares.
Grazas a todos/as por formar parte deste evento!
Se non puideches asistir ou velo en directo, aquí deixámosche unha ligazón para que poidas facelo