O deporte para mellorar a calidade de vida
Exercicio físico e FQ
O exercicio físico constitúe un dos catro piares do tratamento da fibrose quística. A súa práctica regular axuda a manter unha mellor condición física e psicolóxica, e unha mellor calidade de vida.
A actividade física moldearase ás necesidades de cada persoa.
Debe incluír exercicios para o adestramento da resistencia e a forza muscular e a flexibilidade, o equilibrio e a coordinación. Así como actividades cardiovasculares.
A importancia do deporte
O manter un bo estado físico é importante por varias razóns nas persoas con FQ. Unha boa resistencia, boa forza muscular e mobilidade, así como a conciencia do propio corpo, influencian a calidade de vida, a sensibilidade ás infeccións, a capacidade de facer fronte ás infeccións e o nivel de actividade no tempo libre.
Por que é recomendable o exercicio físico en FQ?
O exercicio físico debe ser algo habitual na rutina diaria. Non debe ser estresante, nin esgotador e adaptarase ás motivacións e intereses de cada persoa participante, para inculcar nela unha serie de hábitos de vida saudable.
Programa personalizado
Na actualidade, numerosos estudos científicos demostraron que o exercicio físico e o deporte, mediante un programa individualizado, supervisado e adaptado ás necesidades integrais e individualidades de cada persoa con FQ, nas súas dimensións fisiolóxica, psicolóxica e social, vai mellorar significativamente a súa calidade de vida.
Ao comezo, e periodicamente, realizarase unha avaliación individual a todas as persoas participantes do programa. Con iso coñecemos os niveis de partida e a evolución. Con eses datos realízanse readaptacións e estudos sobre a súa efectividade.
É difícil describir a estrutura exacta do programa, ao ser individual e haber tanta variabilidade entre as persoas con FQ