Skip to main content

O 24 de Abril de 2024 foi o Día Nacional da Fibrose Quística, este ano baixo o lema “A saúde mental: unha viaxe colectiva”, co cal reivindicamos a gran importancia que ten a saúde mental en xeral para todas as persoas, pero neste caso, especialmente para as persoas con Fibroses Quística (FQ) e para as súas familias. Pois estas últimas demandan un maior apoio psicolóxico debido ás características e causas que xera esta enfermidade.

Por iso, a asociación promoveu diferentes actividades para dar visibilidade a esta problemática, estas foron as seguintes:

  • A iluminación de diferentes edificios públicos por toda Galicia para dar visibilidade a esta enfermidade.
  • Mesas informativas no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e no CHUAC da Coruña.

-> MESAS INFORMATIVAS NO CARREFOUR DA CORUÑA:

O 27 de Abril , tivo lugar a exposición de mesas informativas sobre a Asociación e a enfermidade no supermercado Carrefour da cidade da Coruña, coa axuda e apoio dalgúns/as socios/as da asociación así como dalgunhas nais e avoas.

Leave a Reply

Asociación Galega de Fibrosis Quística
Asociación Galega de Fibrosis Quística