Onte, 4 de decembro, tivemos a oportunidade de asistir á reunión do Consello Asesor de Pacientes da área Sanitaria de Vigo no Hospital Álvaro Cunqueiro. Un encontro presidido polo Xerente D. Javier Puente Prieto, onde se trataron temas como a presentación do novo Subdirector de Humanización e Atención á Cidadanía, así como a presentación do circuíto de traballo e coordinación co Servizo de Traballo Social.