Skip to main content

Onte, Andrea, a nosa traballadora social, participou na reunión do Consello Asesor de Pacientes da área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

Na sesión, informouse sobre a situación da Atención Primaria e os avances do novo Hospital Montecelo, así como sobre as melloras na coordinación entre Atención Primaria e Hospitalaria.
Tamén se discutiu a participación de pacientes en xornadas formativas, as acreditacións de calidade e a actualización das campañas de vacinación contra a gripe e o COVID-19.

A sesión concluíu cunha rolda de achegas e suxestións dos membros do consello.

 

 

Leave a Reply

Asociación Galega de Fibrosis Quística
Asociación Galega de Fibrosis Quística