Skip to main content

Gala Solidaria Día Mundial FQ

Con motivo da conmemoración do Día Mundial da Fibrose Quística a asociación organiza a Gala do Día Mundial da Fibrose Quística en Baiona o vindeiro domingo 8/9/2024!!
Preparamos ao longo de todo o día diferentes actividades ao aire libre tanto deportivas, lúdicas ou de lecer para poder gozar todos xuntos deste día, facer visible a FQ e fomentar o exercicio físico no colectivo.
Ademais, haberá rifas solidarias para participar en sorteos tales como un televisor Smart TV de 32″, unha cea, unha mariscada, roupa, lentes de sol, quebracabezas ou un xamón, entre outros. Estes sorteos son posibles grazas á solidariedade dos colaboradores do evento que un ano máis quixeron participar e achegar o seu granito de area.
Como en anos anteriores o Club Cornelios colabora connosco organizando a andaina solidaria. Inscricións na seguinte ligazón ou o mesmo día ata 10 minutos antes da saída na mesa da asociación:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScR6Fg1i5ieMUg5kd0mfLiXM3QKb2GCPyC0WwF1FCk0AXTPtw/viewform?fbclid=IwY2xjawFD1L1leHRuA2FlbQIxMAABHdWc_ag94xFpJxMEY7Kv4F1TeLqotvJpIsBLKLxiEluHqy5140U6dkkMkg_aem_iAU8pVFKM24mQ896pN76Qw
Esperámosvos!!!!

Date

Set 08 2024
Expired!

Time

10:00 am - 10:00 pm

Location

Praza do Concello
Category

Leave a Reply

Asociación Galega de Fibrosis Quística
Asociación Galega de Fibrosis Quística