Estamos encantados de anunciarvos que volvemos retomar a conmemoración presencial do día Mundial da Fibrose Quística que, como anos anteriores, celebrarase en Baiona, o domingo 3 de setembro.
Preparamos ó longo de todo o día diferentes actividades tanto deportivas, lúdicas ou de lecer para poder desfrutar todos xuntos deste día, facer visible a FQ e fomentar o exercicio físico no colectivo.
Durante todo o día poderanse adquirir rifas solidarias na mesa da asociación, éstas permitirán participar nos sorteos que se realizarán ás horas indicadas no cartel. Estos sorteos son posibles grazas á solidariedade dos colaboradores do evento que un ano máis quixeron participar e achegar o seu granito de area. Sortearanse agasallos como un televisor Smart TV JVC de 32″, un smartwatch, ceas, unha maricada, lentes de sol, mochilas, xoguetes, un xamón,…
Animámosvos a participar na Andaina que se celebrará ese día, podedes inscribirvos na seguinte ligazón:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdCJn11N_y-eQKdbllYwgKzcGR8z98DiBB1s4_19EgHSnyvaA/viewform
Evento: Día Mundial da Fibrose Quística
Día e Lugar: 3 de setembro 2023, Praza do Concello de Baiona, Pontevedra
Hora: 10.00 – 23.00