Día Mundial da FQ 2023 – Baiona
Este ano volvemos retomar a conmemoración presencial do día Mundial da Fibrose Quística que, como anos anteriores, celebrarase na praza do concello Baiona, o domingo 3 de setembro.Preparamos ó longo de todo o día diferentes actividades tanto deportivas, lúdicas ou de lecer para poder desfrutar todos xuntos deste día, facer visible a FQ e fomentar o exercicio físico no colectivo.
Durante todo o día poderanse adquirir rifas solidarias na mesa da asociación, éstas permitirán participar nos sorteos que se realizarán ás horas indicadas no cartel.
Estos sorteos son posibles grazas á solidariedade dos colaboradores do evento que un ano máis quixeron participar e achegar o seu granito de area. Sortearanse agasallos como un televisor Smart TV JVC de 32″, un smartwatch, ceas, unha mariscada, lentes de sol, mochilas, xoguetes, un xamón,…
Animámosvos tamén a participar na Andaina que se celebrará ese día, podedes inscribirvos na seguinte ligazón
¡Botádelle unha ollada ao cartel de actividades programadas e animádevos a celebrar este gran día connosco!