Ser voluntario/a

Benefíciache a ti e á causa da Fibrose Quística

O pracer de axudar aos demais

 

Ser voluntario é moito máis que dar sen esperar nada a cambio. Significa cambiar, aínda que sexa só unhas horas, o día a día de quen te necesita e da túa comunidade. É facer do mundo que te rodea un lugar mellor.

Ofrecer o teu tempo, as túas habilidades e os teus recursos como voluntario na Asociación Galega de Fibrose Quística é unha das formas máis poderosas de marcar a diferenza, de axudar aos demais e de mellorar o teu benestar.

Beneficios de facer un voluntariado

Reforza a autoestima. Non só por sentirte ben axudando aos demais, tamén sentirás como as persoas ás que axudas ou os compañeiros/as que coñeces valoraranche polo teu esforzo.
Gratifícache a nivel persoal, non hai nada que che alegre máis o día que ver que o teu labor e os teus consellos axudaron a alguén a mellorar a súa vida e ademais agradécencho.
O voluntariado axudarache a conectarte con outras persoas e coñecer distintas realidades.
O voluntariado permitirache demostrar que es unha persoa activa e comprometida.
Non é o mesmo aprender dun libro que da vida real. Cando fas voluntariado mergúllaste na experiencia e aplicas os teus coñecementos e capacidades.
Engade a túa experiencia de voluntariado no CV ou currículo, as empresas ou Ong polas que che gustaría traballar seguro que valoran positivamente todo o que aprendiches sendo voluntario/a.

Non todo é traballo e esforzo!

Facendo voluntariado podes divertirte moito, gozar, pasalo ben no teu tempo libre e facer bos amigos e amigas. A que esperas para facerte voluntario na Asociación Galega de Fibrose Quística?

Se queres facerte voluntario/a, enche este formulario

    Experiencia en voluntariado