Ti respiras sen pensar,
eu só penso en respirar
Asociación Galega de
Que é a fibrose quística?
A Fibrose Quística é unha enfermidade crónica e hereditaria que representa un grave problema de saúde. É unha enfermidade dexenerativa que afecta principalmente aos pulmóns e ao sistema dixestivo.
Que podo facer se…
Todo o que podemos facer por ti
A AGFQ ten como fin contribuír ao coñecemento, estudo e investigación sobre a Fibrose Quística, mellorar a calidade de vida das persoas con FQ e as súas familias.
Servizos
Ofrecemos unha atención integral ás persoas afectadas de Fibrose Quística e ás súas familias para lograr unha mellor calidade de vida.
Exercicio físico
Mellorar a condición física e a calidade de vida das persoas pacientes grazas ao exercicio físico
Psicoloxía
Atención psicolóxica encamiñada a paliar os obstáculos anímicos da FQ e asesoramento á persoa afectada e a súa familia
Traballo Social
Facilitar información, orientación e asesoramento sobre axudas, servizos e recursos
Fisioterapia respiratoria
Encárgase do tratamento, prevención e estabilización das diferentes enfermidades do aparello respiratorio ou calquera que interfira no seu correcto funcionamento
Piso de acollida
Ofrece unha contorna afectiva adecuada, próximo ao hospital e dende onde se pretende minimizar outro tipo de efectos xerados pola enfermidade
Queres colaborar connosco?
Faite socio ou colabora facendo unha achega á nosa asociación.